Por parte da propiedade encárgasenos a realización da rehablitación enerxética da envolvente térmica do edificio: cuberta, fachada e carpintería exterior, así como o solicitar subvención dentro do PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES DO SECTOR RESIDENCIAL (USO VIVENDA E HOSTALEIRO) – PROGRAMA PAREER, dacordo coa Resolución do 25 de setembro de 2013, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica o 25 de xuño de 2013, do Consello de Administración do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establecen as bases reguladoras e convocatoria do programa de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios existentes do sector residencial (uso vivenda e hostaleiro), convocatoria publicada no BOE Nº235 de data martes 1 de outubro de 2013.
As fachadas renováronse cun sistema de illamento térmico polo exterior ou sistema SATE.; realizáronse novas terrazas incluíndo illamento térmico e colocáronse novas carpinterías con mellores características térmicas.
A subvención concedida dentro do programa PAREER-CRECE foi de 88.311,90 € .
Localización: Avenida de Hércules 123, Concello de A Coruña
Subvención PAREER-CRECE: 88.311,90 € de axuda concedida.