Dacordo coas necesidades expostas pola propiedade, desenvólvese un programa que ten como obxectivo mellorar as condicións de illamento térmico de todo o edificio. Para iso rehabilítanse as fachadas e o voladizo cun sistema de illamento térmico polo exterior ou sistema SATE.
Por parte da propiedade encárgasenos, a realización do proxecto de rehabilitación, así como, o solicitar subvención dentro do PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES DO SECTOR RESIDENCIAL (USO VIVENDA E HOSTALEIRO) – PROGRAMA PAREER, de acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2013, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica a do 25 de xuño de 2013, do Consello de Administración do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establecen as bases reguladoras e convocatoria do programa de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios existentes do sector residencial (uso vivenda e hostaleiro), convocatoria publicada no BOE Nº235 de data martes 1 de outubro de 2013.
A Subvención concedida dentro do programa PAREER-CRECE foi de 38.835,00€.
Localización: Avenida de Linares Rivas 43, Concello de A Coruña
Subvención PAREER-CRECE: 38.835,00 € de axuda concedida