As obras de remodelación do edificio en construción expoñen a creación de dúas vivendas en dúplex, destinando a planta baixa para o uso actual de garaxe, e a plánta soto para rochos. Por adaptación á normativa urbanítica en vigor foi necesario demoler unha planta.
O Dúplex A desenvólvese en planta primeira e segunda. En planta primeira sitúase a cociña, o lavadoiro-tendedeiro, o salón, un aseo e as escaleiras que levan a planta segunda na que se sitúa a zona de noite composta de tres dormitorios e un baño completo.
O Dúplex B desenvólvese en planta terceira e bajocubierta. En planta terceira proxéctase a cociña, o lavadoiro-tendedeiro, o salón, un baño completo e un dormitorio, situándose no baixocuberta outros dous dormitorios e outro baño, así como unha terraza á que se accede dende o distribuidor da planta.
As obras proxectadas buscan satisfacer as necesidades da propiedade e cumprindo os estándares de habitabilidade, funcionalidade e salubridade da normativa actual.
Localización: 2ª Travesía Ramona Criado, Concello de Malpica de Bergantiños
Superficie Construida: 467,55 m²
Ano de finalización: 2017