En Lema Arquitectura temos unha ampla experiencia na tramitación de subvecións de programas Estatais como o programa PAREER (BOE Nº235 de data martes 1 de outubro de 2013), a súa continuación como PAREER-CRECE (BOE Nº107 de data martes 5 de maio de 2015) e PAREER II (BOE Nº3, de data mércores 3 de xaneiro de 2018) .
As subvencións do programa PAREER, en todalas súas edicións, destínanse ás obras de rehabilitación enerxética de edificios existentes cos seguintes tipos de actuacións:
- Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas e de iluminación.
- Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.
- Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.
A contía das axudas, de entrega dineraria, oscila entre o 20 e o 30% do orzamento elixible, mentres que as contías dos préstamos reembolsables van do 60 ao 70% do orzamento elixible.
Da primeira edición do programa, PAREER e PAREER-CRECE, solicitamos subvención para un total de 7 inmobles. Ás 7 comunidades concedéuselles subvención, co que conseguimos aforrarlles un total de 292.266,41 €.
Da segunda edición do programa, PAREER II, solicitamos subvención para 5 inmobles, das cales xa se nos concederon tres, por un importe de 326.128,54€ e un prestamo de 479.757,56€ , un total de 805.886,10 €.