Dacordo coas necesidades expostas pola propiedade, desenvólvese o programa da vivenda, que consta dunha única planta formada por catro corpos de planta rectangular. Toda a vivenda ten cuberta a dúas augas fóra da zona de salón comedor que presenta unha cuberta a unha auga, que grazas á súa maior altura introduce luz superiormente.
O primeiro corpo destínase a uso garaxe, cuarto de instalacións e lavadoiro-tendedeiro. A continuación, atopamos o corpo central onde se sitúa a entrada e o salón. Por último, a zona de día sitúase en dous corpos encostados, onde se atopa por unha banda o dormitorio principal co seu baño e vestidor, e no outro corpo dous dormitorios e outro baño.
Respondendo a un criterio de neutralidade e integración na súa contorna rural, os acabados exteriores da vivenda resólvense cun recubremento de pedra e tella curva para a cuberta.
Localización: Lugar de Vigo, Concello de Malpica de Bergantiños
Superficie Construida: 212,40 m²
Ano de finalización: 2012