Acábasenos de notificar a concesión de subvención, dentro do programa estatal PAREER II, para as obras de rehabilitación enerxética de fachadas que se van a realizar en Avenida Fonteculler Nº16-18, Culleredo.
Nesta ocasión trátase de obras cun custo elixible total que ascende ata os 369.949,62€. Pedida subvención para axuda directa e préstamo, concedeuse á comunidade o importe máximo das axudas solicitadas, 110.984,89€ de axuda directa sen contraprestación e 184.974,81€ de préstamo reembolsable, que ascenden a unha axuda total de 295.959,70€.
A comunidade viuse recompensada cunha axuda polo 80% do custo elixible das obras.