Pechou o bar “Ou Farolo” ( Tella – Concello de Ponteceso) famoso polos seus exquisitos pratos de angulas do río Anllóns.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2019/05/16/pecha-bar- farolo- tella/0003_201905 C16 C10998. htm. Carmen e Anxo encargáronnos o proxecto do cambio da edificación a vivenda. Tras realizar o proxecto da vivenda da súa nora Andrea e o seu fillo Miguel, énchenos de satisfacción que a familia continúe confiando en nós.
Trátase dunha vivenda tradicional que conservará todo o seu carácter, adaptándose ao núcleo rural no que se atopa, e ás novas necesidades de habitabilidade, salubridade e seguridade de utilización. Dende Lema Arquitectura agradecemos a confianza posta en nós, desexando sorte e felicidade a Carmen e Anxo nesta nova etapa.