Desenvolvemos proxectos técnicos de Rehabilitación enerxética de fachadas mediante sistema SATE de illamento térmico polo exterior.
O sistema SATE consiste na instalación de placas de illamento térmico polo exterior do cerramento de fachada existente. No mercado existen diversas clases de illamento térmico, sendo as máis comúns o poliestireno expandido, a la mineral e o poliestireno extruído. Estas placas colócanse mediante adhesivo e adósanse á fachada mediante espigas especiais.
Ademais do illamento, o sistema SATE componse de capas de acabado que proporcionan a impermeabilización necesaria: capa de morteiro con malla de fibra de vidro sobre as placas de illamento térmico, para regularizar a superficie, posterior aplicación de imprimación acrílica e acabado final con revestemento acrílico mineral.
O sistema SATE é unha das mellores solucións enerxéticas en rehabilitación, por ter un acabado cunha alta capacidade de impermeabilización e presentar moi bos resultados enerxéticos. Ademais, diminúe as oscilacións térmicas, elimínanse as pontes térmicas (puntos fríos nos cerramentos), é de rápida instalación, proporciona bo illamento acústico e supón un aforro enerxético e económico.
Tras realizar multitude de obras con este sistema, actualmente levamos a dirección de obra da rehabilitación enerxética en Rúa Porto Rico 4, Concello da Coruña, e en breve comezaremos a obra de Rolda de Nelle 11 e Rúa Modesta Goicouría –Torre Riazor- tamén no Concello da Coruña.
Realizados os proxectos técnicos, tamén xestionamos a obtención de licenza municipal de obra, dirección de obra, así como a tramitación de subvención PAREER-II no caso de Porto Rico 4 e Rolda de Nelle 11, esta última xa concedida polo importe de 38.274,00€.