A fundación ADCOR plantexa a construción dun pequeno Cenador de Xardín que permita, ás persoas atendidas pola fundación (persoas adultas en situación de dependencia) un mellor goce do espazo exterior da parcela, protexéndoas da choiva e o sol. Como paso previo é requisito a realización dun Estudo de Detalle de ordenación de volumes na parcela.
Na parcela existe actualmente unha edificación que se compón de dous corpos, cun salto dunha planta no seu encontro.
O noso traballo plantexa establecer, en zonas libres de parcela, dúas áreas de movemento: unha primeira no sur da parcela para edificacións auxiliares illadas con respecto á edificación principal e retranqueadas con respecto ao lindeiro (na que se edificará o Cenador de Xardín), e unha segunda no norte da parcela, na que se pode encostar á edificación principal con retranqueos a lindeiros.
Doutra banda, o estudo de detalle expón tamén, a posibilidade de elevar a altura da edificación principal nunha planta, permitindo chegar ata a altura máxima establecida na zona.
Localización: Estrada Os Fortes, 14, Concello de A Coruña. Fundación Adcor
Superficie del Ámbito: 2.849 m²
Data: En tramitación
Footer
Enlaces de Interés