O proxecto xorde dunha caixa pétrea de dúas plantas que se abre ás vistas da ría de Corme e Laxe acristalando a fachada Oeste. Unha caixa que se baleira nesta dirección e configura un patio, un claustro virtual que se completa coa piscina, a ría e máis aló, o horizonte. Na dirección oposta un volume en planta baixa encóstase, para albergar o espazo servente do garaxe e instalacións e en planta primeira, outro volume sae da caixa, para dar, a privacidade necesaria ao dormitorio de invitados.
A caixa, “ábrese” unha segunda vez, agora cara ao norte, e só en planta baixa para configurar un alpendre entre ela e a edificación auxiliar.
Nun desenvolvemento típico da edificación tradicional rural galega, o muro faise edificación auxiliar, a edificación auxiliar alpendre, e o alpendre vivenda.
Complétase a composición do conxunto cun lixeiro volume con cuberta metálica que en bajocubierta completa o conxunto.
Localización: Pedracuca, Concello de Cabana de Bergantiños
Superficie Construida: 391,45 m²
Ano de finalización: 2012