Tramitación de solicitude de axudas a concellos.
O Concello da Coruña convoca periodicamente subvencións. A última convocatoria, publicada no BOP nº189 do 3 de outubro de 2018, dispoñía de axudas dende o 30% ata o 50%, do orzamento, dependendo da zona e características dos propietarios, con importes máximos dende 3.000€ ata os 15.000€ por vivenda. Estas axudas subvencionan os seguintes tipos de obras:
- Obras de instalacións
- Instalación ou adaptación de ascensores
- Obras de mellora da eficiencia enerxética
- Obras necesarias para a conservación da habitabilidade de vivendas, incluso as unifamiliares.