No edificio Nº65º de Rúa Torre, da Coruña, acometéronse obras de rehabilitación que consistiron na rehabilitación enerxética da envolvente térmica do edificio: fachadas, medianeiras, patios, voladizos, carpinterías e terrazas.
A promotara da actuación, Torre Coruña 65 S.L., encargounos solicitar subvención dentro do programa estatal PAREER II, e con data 20 de Xuño de 2019 notificóusenos a concesión da axuda.
As obras tiveron un custo elixible de 313.334,15€, e concedeuse unha axuda directa de 109.666,96€, que corresponde ao 35% do custo elixible das obras.
Footer
Enlaces de Interés