Coñecemos a importancia do seu negocio como medio de vida. Por iso, realizamos proxectos de actividade e obra, seguindo un proceso coidadoso en todas as fases para garantir a obtención de permisos. Xestionamos integramente o proceso, dende o asesoramento previo, pasando polo proxecto técnico ata a tramitación de licenzas. Realizamos proxectos de actividade para locais … Continúe lendo about Proxectos de actividade
Servizos
En Lema Arquitectura aspiramos a darlle o mellor e máis amplo servizo cubrindo todas as súas necesidades, ofrecendo a xestión integral, non só de proxectos e obras, senón tamén na tramitación de todo tipo de expedientes, certificacións, valoración, taxación e informes.
Informes
En Lema Arquitectura, grazas aos coñecementos técnicos e normativos dos nosos técnicos, redactamos informes arquitectónicos, urbanísticos, de patoloxías da edificación, así como Informes de Avaliación de Edificios.
Taxacións
Realizamos valoracións e taxación de inmobles, peritaxes e expedientes de legalización. Entre a nosa experiencia destacamos a presentación con éxito de Alegacións, Recursos de reposición e Reclamacións económico-administrativas ás liquidacións do Imposto de Transmisións Patrimoniais, Sucesións e Actos Xurídicos Documentados.
Certificacións enerxéticas
Realizamos a certificación enerxética necesaria tanto en venda como en alugueiro de inmobles. Certificacións de Vivendas unifamiliares, Vivendas dentro dun edificio en Bloque, Bloque completo de vivendas e Locais comerciais. Traballamos cos programas, recoñecidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, CE3X, CERMA, etc.