As obras proxectadas para a comunidade de propietarios de Rolda de Outeiro 112 – Concello da Coruña – consisten na rehabilitación enerxética de todas as fachadas do edificio. Trátase da instalación dun sistema de fachada trasventilada con illamento térmico polo exterior e acabado con panel composite de aluminio. Realizamos o proxecto técnico, xestionamos a obtención da licenza municipal de obra, encargámonos da dirección de obra e conseguimos unha subvención dentro do programa estatal PAREER II. A subvención concedida foi de 176.869,65€ como axuda directa e de 294.782,75€ mediante préstamo reembolsable, para un total 471.652,40€.
Footer
Enlaces de Interés