“A vivenda configúrase como un punto de encontro entre o home e a natureza.”
A vivenda sitúase nun alto con vistas á ría de Betanzos sobre unha parcela de forma trapezoidal. A vivenda, con planta soto, baixa e primeira, sitúase no lado ancho do trapecio converténdose nun miradoiro para todas as estancias. Configúrase como un punto de encontro do home e a natureza, un “ torii”, unha porta de formigón, aceiro, e paredes brancas, coa calidez da madeira de bambú no chan.
En planta soto sitúase o garaxe e aqueles espazos que dan servizo á vivenda, como instalacións, área de mantemento da parcela, rocho, lavandería e aseo. O espazo de planta soto ilumínase a través dun patio inglés.
A planta baixa alberga a zona de día. Todas as estancias fanse transparentes para que, dende a leira, gócese das vistas. O salón ten dobre altura e comunica, en planta primeira, co estudo na parte superior, colgado da cuberta, e unha pasarela que leva ao dormitorio principal. Dous dormitorios comunicados a través dun cuarto de baño compartido completan o programa.
Localización: Lugar de Carrío, Concello de Bergondo
Superficie Construida: 356,85 m²
Ano de finalización: 2011
Footer
Enlaces de Interés