A vivenda proxéctase en forma de L na procura da mellor orientación solar. As zonas de día e de noite comunícanse a través dunha dobre altura. A zona de día está formada por cociña, salón-comedor e entrada, sitúase en planta baixa. A zona de noite está formada por tres dormitorios, dous cuartos de baño, oficio e biblioteca, situados en planta primeira. A plánta soto serve para aloxar os espazos serventes.
Respondendo a un criterio de neutralidade e integración na contorna, os acabados exteriores resólvense cunha fachada trasventilada de pedra en cor beige, mentres que o resto de detalles realízanse en cor negra como son as carpinterías e a cuberta.
Localización: Concello de Ponteceso
Superficie Construida de Vivenda: 290,20 m²
Ano de finalización: 2014