A actuación exponse co obxecto de respectar as características orixinais da vivenda, por iso, as obras de reestruturación propoñen o baleirado da edificación, conservándo os muros de carga, así como, certos elementos singulares como a lareira. Co obxecto de asegurar as condicións de habitabilidade necesarias, para calquera uso residencial, auméntase a altura do corpo principal, elevando a cuberta e permitindo deste xeito a iluminación de todas as estancias da planta primeira. Ao elevarse a edificación créase un cerramento acristalado de transición retranqueado con respecto ao plano de fachada orixinal. Para que a edificación manteña o seu carácter orixinal os cerramentos exteriores mantéñense de cachotería de fábrica de pedra e a estrutura é mixta de aceiro, madeira e formigón.
A edificación desenvólvese nun único volume de dúas plantas con uso principal vivenda, cociña-comedor con lareira, cuadras en planta baixa e dormitorios en planta primeira e responde o tipo tradicional con muros de carga de pedra, forxados de madeira e cuberta de tella a dúas augas.
Localización: Lugar de Escras, Concello de Malpica de Bergantiños
Superficie Construida: 365,55 m²
Ano de finalización: 2013
Footer
Enlaces de Interés