O proxecto consiste na construción e o acondicionamento de nave industrial para taller do automóbil. A reforma interior exposta proxecta acondicionar a nave, que se atopa en desuso, para a nova actualidade. Proxéctase realizar obras interiores coa instalación das instalacións, particións interiores, carpintería e mobiliario sen afectar á estrutura. Localización: Parcela B-13, Polígono Industrial de … Continúe lendo about Nave Ternande. Ponteceso
Proxectos de actividade
Coñecemos a importancia do seu negocio como medio de vida. Por iso, realizamos proxectos de actividade e obra, seguindo un proceso coidadoso en todas as fases para garantir a obtención de permisos. Xestionamos integramente o proceso, dende o asesoramento previo, pasando polo proxecto técnico ata a tramitación de licenzas. Realizamos proxectos de actividade para locais … Continúe lendo about Proxectos de actividade
Informes
En Lema Arquitectura, grazas aos coñecementos técnicos e normativos dos nosos técnicos, redactamos informes arquitectónicos, urbanísticos, de patoloxías da edificación, así como Informes de Avaliación de Edificios.
Presentación
En Lema Arquitectura traballo e coido da Arquitectura. Tamén gozamos co Deporte. Patrocino a Grupeta ciclista 57, e son vicepresidente do Club Hércules Termaria – CHT- da Coruña. Para o Club deseñamos os equipamentos de competición – http://www.clubherculestermaria.es/el-club/equipamentos. Divertímonos participando en tríatlons, travesías, carreiras, marchas cicloturistas… ¿Vamos xuntos? Jose Antonio Lema -22/07/2017
Taxacións
Realizamos valoracións e taxación de inmobles, peritaxes e expedientes de legalización. Entre a nosa experiencia destacamos a presentación con éxito de Alegacións, Recursos de reposición e Reclamacións económico-administrativas ás liquidacións do Imposto de Transmisións Patrimoniais, Sucesións e Actos Xurídicos Documentados.