Trátase dunha rehabilitación dun edificio de estilo modernista do ano 1913 e catalogado con protección estrutural no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma interior da Cidade Vella e Peixaría.
O edifico ten tres plantas de altura e remata nunha bufarda. Cada unha das plantas da edificación deu un tratamento distinto aos ocos de fachada. En planta baixa os ocos acaban nun perfil circular cuns recercados moi rechamantes. A planta primeira ten ocos rectangulares con recercados rechamantes e balcóns, así como, unha pequena galería central. A planta segunda está percorrida por unha galería alongada, de deseño rectilíneo.
As obras consisten na rehabilitación do edificio para local comercial e 3 vivendas, coa creación dunha vivenda por planta. Encamiñáronse as obras á reconstrución do edificio tal e como se concibiu na súa orixe.
Unha vez terminadas as obras de rehabilitación do edificio atópanse en execución as obras de instalación dun bar en planta baixa.
Localización: Rúa Alameda 22, Concello de A Coruña
Superficie Construida: 282,55 m²
Ano de finalización rehabilitación edificio: 2018
Proxecto de actividade Bar: en construcción